
A semana pasada, concretamente, o xoves e venres santo, na sala Nauta, na zona do porto deportido de Sanxenxo, celebrouse a VI Mostra da Camelia organizada polo noso centro.

O xoves, comezamos coa inauguración da mostra coa participación no evento de Telmo Martín, A concejala de cultura Paz Lago, a Conselleira da Xunta de Galicia Nava Castro e o noso Presidente do CCD Sanxenxo Paco Hernández.

O bo ambiente e cheiro as diferentes especies de camelias amenizaron os dous días pese a que a metereoloxía non axudase moito para poder acercarse ata a exposición.

Na mostra, ademáis de diferentes especies de camelia también se contou con productos realizados da planta da camelia, como poden ser os aceites, xabóns, tés... Un reclamo natural e útil dentro da naturaleza da camelia do seu fermoso aspecto.

Ben é certo, que o centro ficou moi contento coa participación dos participantes desde diferentes puntos de Galicia e coa boa acollida de turistas e veciños da zona, outro ano máis.
