
CÍRCULO CULTURAL DEPORTIVO DE SANXENXO
XIII CONCURSO DE PINTURA AO AIRE LIBRE
“FONTES E LAVADOIROS”
SÁBADO 16 DE XUÑO DE 2018
CATEGORÍAS:
- Infantil: Podrán participar todos os nenos ata os 16 anos (incluídos).
- Adultos: Podrán participar todas as persoas a partir dos 16 años.
CONCURSANTES:
• Poderán participar neste concurso tódolos artistas que o desexen.
• A inscrición é gratuíta. Debe facerse unha pre-inscrición por correo electrónico en: administración@ccdsanxenxo.com ou teléfono 986.723.349
TEMA:
• Seguindo co lema de “Paisaxes de Sanxenxo” este ano dedicámolo a: “fontes e lavadoiros”. A obra deberá realizarse forzosamente “in situ”. Cada participante deberá escoller libremente o seu emprazamento para pintar a súa obra dentro do Concello de Sanxenxo.
TÉCNICA:
• As obras poderán ser realizadas con calquera técnica ou procedemento e con completa liberdade de tendencias ou estilos.
TAMAÑO E PRESENTACIÓN:
• Cada concursante poderá selar 2 soportes ou teas, pero participará cunha soa obra. As obras non terán ningún límite nas súas dimensións.
• Os soportes das obras a realizar deberán ser a unha soa cor e con textura
uniforme e lisa. Ningunha obra poderá presentarse enmarcada.
• As acuarelas presentaranse en soporte ríxido sen paspartú.
• O selado das teas ou soportes faranse de 10:00 a 10.30 horas, o sábado día 16 de Xuño no Circulo Cultural Deportivo Sanxenxo, Pedrouzos nº 3, 36969, Nantes-Sanxenxo.
OBRAS:
• Entregaranse obrigatoriamente asinadas polo autor ás 19:00 horas do mesmo día 16 de Xuño nas instalacións do Círculo Cultural Deportivo Sanxenxo.
• O xurado reunirase a posteriori e o luns comunicarémoslle o fallo do xurado ós premiados.
• As obras premiadas quedarán en propiedade do Círculo Cultural de Sanxenxo.
XURADO:
• Será designado polo Círculo Cultural Deportivo Sanxenxo.
• As súas decisións serán inapelables.
• O Xurado reservase o dereito a resolver calquera caso non previsto nas bases.
• O Fallo do premio farase público o Martes 19 de Xuño ás 16:30 horas.
• A entrega de premios terá lugar a noite de San Xoán, ó rematar a tradicional cacharela.
• A participación neste concurso supón a aceptación destas bases, a conformidade coa decisión do xurado, e a renuncia a calquera reclamación.
PREMIOS:
- Categoría Infantil: Materiais de pintura.
- Categoría Adultos:
- 1º Premio: 400,00€
- 2º Premio: 200,00€
ORGANIZA: CÍRCULO CULTURAL E DEPORTIVO SANXENXO
PATROCINA: ESTRELLA DAMM.
COLABORA: ADEGAS “TERRAS GAUDA”